Centro de día de COSPEITO...un centro con XEITO

O centro de día de Cospeito é un lugar de reunión, de reencontros… no que se retoman vellas amizades e se crean outras novas. Usuarios e traballadores formamos unha gran familia que comparte risas, momentos de diversión e entretemento, pero tamén momentos de traballo e aprendizaxe. Sempre chegamos ao centro cheos de ilusión polo que nos deparará o día, para poder poñer en marcha novas ideas e proxectos, e desfrutar da compañía que nos ofrecemos uns aos outros. Dende o centro búscase potenciar a autonomía dos usuarios, tendo en conta a súa opinión e os seus gustos á hora de programar actividades e organizar o día a día. Así mesmo, sempre se procura aproveitar os recursos que nos ofrece a contorna, e ser un espazo aberto á comunidade. Os profesionais do centro non somos dous equipos (técnico e xerocultor), senón que xuntos formamos un único equipo que rema na mesma dirección, cara o benestar dos nosos usuarios. De feito, esta descripción elaborámola entre todos, como o equipo que somos. E por suposto, este equipo non estaría completo sen a axuda inestimable que nos aportan as familias dos nosos usuarios. En definitiva, o noso centro de día é un segundo fogar, no que todos tratamos de aportar o mellor de cada un e enriquecernos mutuamente.

A nosa equipa de traballo

A nosa equipa de traballo

Tania Cancio Abelleira – Traballadora social

Alberto Cendán Teijeiro – Psicólogo

Lucía Combarro Mouriño – Terapeuta ocupacional

Lara López Fernández – Educadora social

Sofía García Corbelle – Xerocultora

Lucía Lorenzo Vázquez – Xerocultora

Josefa Teijeiro Cabana – Xerocultora

Rocío Alvariño Paz – Xerocultora

Eva Barja Cabana – Xerocultora

Paula Pardo Fernández – Xerocultora

O noso gran rincón, o noso centro de día