O pasado febreiro do 2020, dende o centro de día de Cospeito inaugurouse no Museo das Aves do concello unha exposición de disfraces típicos do Entroido galego, os cales foron elaborados con material de refugallo polas persoas usuarias e os traballadores do centro. A mostra abarca un total de 19 disfraces, cada un cos seus respectivos carteis explicativos sobre a súa tradición e os materiais que se empregaron para elaboralos.
O Centro de día de Cospeito en negro
Cando haxa conciencia na igualdade, cando non se tolere violencia no fogar, cando non se entendan os celos como parte do amor, cando non se xustifique ningún ataque, ningunha mala palabra, ningún insulto, ningún desprezo... poderá deixar de verse en negro o 25N. Namentres...LOITAR!